Villaverde reivindica a calidade do marisco galego nas V Xornadas “No mar da lonxa de Laxe”

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou nas quintas xornadas “No mar da lonxa de Laxe” (A Coruña), un evento de promoción e divulgación que reúne a profesionais do sector pesqueiro, consumidores e público en xeral en torno aos produtos da lonxa deste municipio costeiro. Villaverde aproveitou o acto para destacar a calidade diferenciada do peixe e marisco galego e o traballo dos profesionais do mar da Costa da Morte.
As xornadas contribúen a achegar ao público a realidade cotiá das lonxas, a forma en que traballan os profesionais do mar e o valor engadido que achega o territorio galego aos produtos pesqueiros. A Consellería do Mar considera este tipo de iniciativas un instrumento clave para fortalecer a cadea de valor do sector e conectar a consumidores e produtores.

Fonte: Consellería do Mar (Xunta de Galicia)
Noticia | Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES