A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou na inauguración da V edición de Gastromar Ribeira, destacando esta feira como un referente na innovación culinaria e na promoción dos produtos do mar galegos. A responsable autonómica puxo en valor o papel de Ribeira como un dos principais portos pesqueiros de Galicia e resaltou o traballo de toda a cadea mar-industria para levar aos consumidores produtos frescos e de alta calidade.
A Xunta renova o seu apoio ao evento a través da Asociación de Empresarios de Ribeira e da Asociación Praza de Abastos, impulsando actividades como showcookings, degustacións, obradoiros divulgativos e accións de educación ambiental para achegar o medio mariño á cidadanía.
Fonte: Consellería do Mar (Xunta de Galicia)
Noticia | Xunta de Galicia
