O Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA), dependente da Consellería do Mar, distribuíu ao longo do mes de agosto un total de 404.700 unidades de semente de bivalvos a diversas entidades do sector, co obxectivo de apoiar a recuperación e rexeneración dos bancos marisqueiros. As entregas incluíron ameixa xaponesa, ostra plana, ameixa babosa e ourizo de mar, distribuídos ás confrarías de Barallobre (123.000 uds.), Arcade (103.000 uds. ostra plana), Vilaxoán (82.700 uds.), Illa de Arousa (81.000 uds. ostra), A Coruña (15.000 uds. ameixa babosa) e a ARESMAR (3.000 uds. ourizo).
Esta liña de traballo do CIMA é fundamental para garantir a incorporación de novos exemplares aos bancos e reforzar as poboacións de distintas especies tras os danos causados polos temporais e a baixada de salinidade de principios de ano. A distribución adáptase ás necesidades específicas de cada entidade.
Fonte: Consellería do Mar (Xunta de Galicia)
Noticia | Xunta de Galicia
