Villaverde salienta a importancia de combinar tradición e innovación no sector mitilicultor durante a súa visita ao Grupo Proinsa.

A conselleira do Mar Marta Villaverde visitou as instalacións do Grupo Proinsa no porto de Lorbé (Sada, A Coruña) para coñecer os seus sistemas de captación de semente mediante cordas colectoras e poñer en valor as axudas do FEMPA ao sector miticultor galego. Na última convocatoria, a Consellería adxudicou máis de 7,8 millóns de euros ao conxunto do sector, financiando 89 proxectos de construción e modernización de bateas, instalación de sistemas de seguridade e renovación de embarcacións auxiliares.
O Grupo Proinsa foi adxudicatario dunha inversión conxunta de 916.877 euros con cargo ao FEMPA, que permitiu construír catro novas bateas, incorporar grúas hidráulicas e construír o buque de apoio Proinsa Seis, unha embarcación auxiliar de máis de 22 metros de eslora deseñada para gañar en eficiencia enerxética e seguridade. Galicia é o maior produtor de mexillón de Europa.

Fonte: Consellería do Mar
Noticia | Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES