A Xunta inviste 1 millón de euros na rehabilitación do peirao mexilloneiro de Moaña e aborda con Socomgal as infraestruturas portuarias

A conselleira do Mar, acompañada da presidenta de Portos de Galicia, reuniuse con representantes da Sociedade Cooperativa Galega de Mexilloeiros de Galicia (Socomgal) para abordar as infraestruturas e obras portuarias previstas en Moaña. Na reunión revisouse a situación administrativa das instalacións que emprega a cooperativa para a descarga e pesaxe do mexillón —caseta e báscula do peirao— e o estado das actuacións previstas en Domaio e Moaña.
Villaverde informou dos avances na rehabilitación e mellora do peirao mexilloneiro de Moaña, actualmente en execución cun orzamento de 1 millón de euros, e da planificación da segunda fase da obra para reforzar a estrutura do conxunto do peirao. Tamén se abordou o proxecto de novas instalacións de atraque para embarcacións de acuicultura.

Fonte: Consellería do Mar
Noticia | Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES