A Confraría de Pescadores da Coruña levou a cabo unha nova sembra de ameixa babosa (Venerupis corrugata) na ría do Burgo co obxectivo de recuperar a biomasa e consolidar a actividade extractiva nos seus bancos submareais. A intervención realizouse ao abeiro dun proxecto de restauración e conservación financiado pola Consellería do Mar a través das súas axudas destinadas á biodiversidade mariña.
Ao longo da xornada depositáronse 1.099.999 unidades de semente —preto de 990 quilos, con talla de 16-18 mm— desde catro embarcacións auxiliares. O maior volume (803.707 unidades, 720 kg) destinouse ao banco de libre marisqueo Canle da Ría, e os restantes 296.292 exemplares (270 kg) ao banco Canle Principal na zona de autorizacións. A actuación beneficia a mariscadoras e mariscadores a pé e a flote da ría.
Fonte: Consellería do Mar
Noticia | Xunta de Galicia
