A Xunta concedeu unha subvención de 97.800 euros á confraría de pescadores de Barallobre para o desenvolvemento dun proxecto de limpeza do medio mariño, no marco dunha convocatoria de axudas cofinanciadas co FEMPA.
O proxecto permitirá a contratación de 21 profesionais do sector e na primeira fase xa se recolleron 1.071 quilogramos de residuos.
Fonte: Consellería do Mar
Noticia | Xunta de Galicia
