Villaverde apela á unidade do sector para garantir un fondo pesqueiro específico no MFP 2028-2034

Durante as Xornadas de Pesca celebradas en Ribeira, a conselleira do Mar apelou á unidade de todos os axentes do sector pesqueiro galego para presionar conxuntamente ante as institucións europeas e garantir que o MFP 2028-2034 inclúa un fondo pesqueiro específico, independente e de contía suficiente.
Villaverde reiterou a reivindicación dos 7.290 millóns de euros propostos pola Comisión de Pesca do Parlamento Europeo como dotación mínima, e subliñou a necesidade de que estes recursos quedasen blindados fronte á súa eventual absorción por fondos compartidos con outras políticas sectoriais.

Fonte: Consellería do Mar
Noticia | Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES