A Xunta destaca en Burela o valor da pesca costeira artesanal como motor de futuro das comunidades mariñeiras 

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, destacou hoxe en Burela o valor da pesca costeira artesanal como parte esencial da identidade das comunidades mariñeiras e como unha actividade con capacidade para xerar oportunidades de futuro desde a tradición, a sustentabilidade e a innovación. Así o sinalou na presentación de novas iniciativas do proxecto PESCARTE: a prol da pesca costeira artesanal, promovido pola Confraría de Pescadores de Burela. 

Villaverde incidiu en que o apoio á pesca costeira artesanal constitúe unha «prioridade estratéxica» para a Consellería do Mar e destacou que iniciativas como PESCARTE permiten abordar a realidade mariñeira desde unha visión integradora, incorporando a inclusión, a cultura, a gastronomía, o consumo dos produtos do mar e o relevo xeracional. Neste sentido, puxo tamén en valor o papel das confrarías e dos GALP como aliados para dinamizar as localidades costeiras e abrir novas oportunidades de futuro.

Fonte: Consellería do Mar
Noticia | Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES