Descrición
A Consellería do Mar fai pública a axuda destinada a impulsar actuacións de conservación, protección e rexeneración dos recursos mariños vivos, favorecendo a restauración dos ecosistemas mariños e a explotación sustentable dos recursos pesqueiros e marisqueiros en Galicia.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias:
Confrarías de pescadores.
Organizacións de produtores pesqueiros.
Entidades asociativas legalmente recoñecidas constituídas por profesionais do sector pesqueiro.
Entidades sen ánimo de lucro integradas exclusivamente por algunha das entidades anteriores.
Requisitos principais
As entidades solicitantes deberán ter sede social en Galicia e presentar un proxecto colectivo orientado á conservación, protección ou rexeneración dos recursos mariños vivos. Ademais, deberán acreditar que a actuación proposta contribúe á restauración da biodiversidade ou á mellora da conservación e xestión dos recursos biolóxicos mariños, estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, non estar incursas nas prohibicións para obter subvencións públicas e xustificar a necesidade dos investimentos e equipamentos incluídos no proxecto.
Financiamento
As axudas están cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e contan con financiamento da Comunidade Autónoma de Galicia.
A presente orde establece:
Orzamento total da convocatoria: 4 millóns de euros.
Cofinanciada nun 70 % polo FEMPA e nun 30 % pola Xunta de Galicia.
Intensidade da axuda de ata o 100 % do investimento subvencionable.
Importe máximo subvencionable por proxecto: 200.000 € (sen IVE).
Características da axuda
Réxime de concorrencia competitiva
Financia a adquisición de equipamentos destinados á recuperación de hábitats mariños e zonas marisqueiras.
Inclúe vehículos tractores, elementos remolcadores para labores de restauración e motocultores, entre outros equipos.
Os proxectos deben ter carácter colectivo e non produtivo, perseguindo un beneficio común para o sector pesqueiro e marisqueiro.
Deben contribuír á conservación da biodiversidade e á recuperación dos ecosistemas mariños.
