A Xunta reforza a vixilancia dos recursos pesqueiros coa formación do primeiro curso de Garda Rural especializado en gardapesca marítima 

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez Suárez, visitou hoxe no centro CIS de Santiago de Compostela o alumnado que participa no primeiro curso de Garda Rural na especialidade de gardapesca marítimo.

Esta acción formativa pioneira, promovida pola Consellería do Mar, ten como finalidade facilitar a incorporación de novos profesionais cualificados para velar pola seguridade, o control e a protección dos recursos nos bancos marisqueiros e nas zonas de produción pesqueira da comunidade.

Fonte: Consellería do Mar
Noticia | Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES