A Xunta apoia a modernización dos servizos á frota de Burela co novo sistema automatizado de xeo 

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou hoxe en Burela o novo sistema automatizado de subministración de xeo a embarcacións promovido por Armadores de Burela S.A. (ABSA), onde destacou a importancia de avanzar na modernización dos servizos que emprega diariamente a frota para mellorar a súa competitividade e facilitar a actividade dos profesionais do mar.

A titular de Mar, acompañada polo presidente de ABSA, Abelardo Basanta, e polo xerente da entidade, Miguel Neira, coñeceu o funcionamento desta nova infraestrutura, que permitiu adaptar e modernizar as instalacións existentes da fábrica de xeo para implantar unha liña automatizada de distribución directamente ata o peirao de atraque.

Fonte: Consellería do Mar
Noticia | Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES