A Consellería do Mar continúa desenvolvendo as xornadas Muller, Mar e Liderado para fomentar unha maior participación das mulleres nos espazos de representación e toma de decisións do sector pesqueiro e marisqueiro. A iniciativa, celebrada xa nas provincias de Pontevedra e A Coruña, ofrece ferramentas prácticas para reforzar as capacidades de liderado, a comunicación e a xestión de conflitos entre as profesionais do mar. A conselleira Marta Villaverde destacou a importancia de avanzar cara a unha maior presenza feminina nos órganos de goberno das confrarías e doutras entidades do sector, poñendo en valor o papel esencial que desempeñan as mulleres na actividade marítimo-pesqueira galega.
Fonte: Consellería do Mar
Noticia | Noticia de Pontevedra, Noticia de Lugo e Noticia de A Coruña.
