A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu en Vilagarcía de Arousa a sesión constitutiva do Consello Reitor da Axencia Intecmar, un órgano que formaliza a culminación do proceso de transformación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia en axencia pública autonómica. Este paso reforza o marco organizativo e xurídico dunha entidade clave para o sector marítimo-pesqueiro galego.
Coa súa nova configuración, a Axencia Intecmar consolida o seu papel como referente internacional e Laboratorio Nacional de Referencia de Biotoxinas Mariñas. O organismo continuará desenvolvendo labores esenciais de seguimento oceanográfico, vixilancia do fitoplancto tóxico, control de contaminantes e garantía técnico-sanitaria das zonas de produción de moluscos bivalvos, contribuíndo á seguridade alimentaria e ao rigor científico do sector.
Fonte: Xunta de Galicia – Consellería do Mar
Noticia | Xunta de Galicia
