A Rede Redemar celebrou unha sesión telemática para seleccionar novos proxectos de investigación aplicada. Deu luz verde a tres iniciativas: Mariskeo (marisqueo a pé), Monimar-27 (seguimento de series de datos do marisqueo) e Calimar-2 (produtividade en enclaves costeiros). Ademais, aprobáronse cinco prórrogas ou modificacións de proxectos en curso, entre elas Ostreares (recuperación da ostra plana en San Simón) e Resalber (resistencia á salinidade no berberecho).
Fonte: Consellería do Mar / Xunta de Galicia
Noticia | Xunta de Galicia
