A Xunta e a confraría de Pontedeume reforzan a súa cooperación para mellorar e rexenerar os bancos marisqueiros

O director xeral de Pesca e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro reuníronse con representantes da Confraría de Pescadores de Pontedeume para revisar o estado das zonas produtivas da ría. O eixo central da colaboración é un convenio de restauración de hábitats marisqueiros dotado con 398.531 euros, que inclúe o control de especies competidoras e o pagamento directo ás persoas mariscadoras por estes traballos.

Fonte: Consellería do Mar / Xunta de Galicia
Noticia | Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES