O Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) acolleu unha xornada de difusión do proxecto europeo BlueWWater, centrado no desenvolvemento de solucións innovadoras para reducir a presenza de contaminantes e microplásticos nas augas residuais xeradas pola industria de transformación de produtos do mar. O proxecto, financiado polo programa Horizonte Europa, reúne a centros de investigación, universidades e empresas de varios países atlánticos europeos, con CETMAR como socio coordinador pola parte española.
Os resultados preliminares do proxecto amosan avances significativos no deseño de sistemas de filtración e tratamento específicos para os efluentes das plantas conserveiras e de produción de fariña de peixe, que ata agora supoñían unha das principais fontes de contaminación mariña por microplásticos nas costas galegas. A Consellería do Mar valorou positivamente os avances do proxecto e anunciou que apoiará a transferencia destas tecnoloxías ao tecido empresarial galego do sector.
Fonte: Xunta de Galicia
Noticia | Xunta de Galicia
