Un novo proxecto do CETMAR fortalecerá a resiliencia de comunidades costeiras na República Dominicana

O Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), con sede en Vigo, inicia un novo proxecto de cooperación internacional destinado a frear a degradación ambiental e fortalecer a resiliencia das comunidades costeiras da República Dominicana ante o cambio climático. O proxecto supón unha nova achega do coñecemento e a tecnoloxía pesqueira galega ao desenvolvemento sostible de zonas costeiras no Caribe, unha rexión especialmente vulnerable á perda de biodiversidade mariña e ao impacto de fenómenos meteorolóxicos extremos.
O CETMAR, que actúa como entidade de referencia en investigación e transferencia tecnolóxica pesqueira, leva anos desenvolvendo proxectos de cooperación en América Latina e o Caribe que exportan o modelo de xestión pesqueira sostible de Galicia. Estas iniciativas reforzán tamén a proxección internacional do sector pesqueiro galego e a posición de Galicia como referente mundial en xestión de recursos mariños.

Fonte: Consellería do Mar (Xunta de Galicia)
Noticia | Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES