Villares pon en valor o apoio da Xunta ao sector mexilloeiro galego que produce anualmente 270 mil toneladas deste molusco

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou este sábado na trixésimo primeira edición da Festa do Mexillón de San Cibrao, que organiza o Concello de Cervo, e na que puxo en valor o apoio da Xunta de Galicia a este sector que achega ao mercado da cadea mar-industria unhas 270.000 toneladas anuais deste molusco e unha facturación de preto de 23 millóns de euros.

Xunta de Galicia

Nova | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES