Xunta e Interfish-España renovan o seu compromiso para impulsar a promoción e a comercialización da quenlla, o marraxo e o peixe espada

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o presidente da Organización Interprofesional Pesqueira Interfish España, Joaquín Cadilla Castro, asinaron este luns o convenio de colaboración, a través do que renovan o seu compromiso co impulso da promoción e a mellora da comercialización das especies recoñecidas por esta entidade, e que son a quenlla, o marraxo e o peixe espada. Deste xeito, a administración autonómica e a organización pesqueira reforzan a cooperación que veñen mantendo nos últimos anos cun importe total de 400.000 euros, que serán sufragados ao 50% polas partes asinantes. No caso, da achega autonómica, esta inclúese dentro do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (Fempa).

Xunta de Galicia

Nova | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES