A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, presidiu este mércores un encontro de traballo co persoal de xerencia dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (Galp) para abordar o funcionamento da orde de axudas autonómica, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (Fempa), que foi publicada o pasado 21 de febreiro no Diario Oficial de Galicia (DOG) e que está dotada con 14,6 millóns de euros. Unha convocatoria que simplifica o acceso ás entidades do sector pesqueiro, como as confrarías de pescadores, organizacións de produtores, cooperativas do mar, asociacións de profesionais do sector e outras vinculadas á actividade pesqueira, a estes apoios mediante a exención de garantías na realización de pagos a conta medida é pioneira, xa que é a primeira vez que introduce nesta orde.
FEMPA
Encontro de traballo cos xerentes dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para abordar o funcionamento da orde de axudas autonómica | FEMPA