Servizos en ES·MAR

A rede ofrece un servicio axuda integral, baseado principalmente no asesoramento e a  formación, cun abanico de temáticas e solucións adaptadas as Pemes, persoas autónomas e emprendedoras do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola de Galicia

ASESORAMIENTO EN COMPETITIVIDADE
ASESORAMENTO EN EMPRENDEMENTO
ASESORAMENTO EN AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Competitividade empresarial

Enfocámonos en fortalecer a competitividade das empresas pesqueiras e acuícolas a través da optimización dos seus procesos, o desenvolvemento de capacidades no seu persoal, e o apoio en proxectos de innovación e mellora continua. Facilitamos a adaptación ás tendencias do mercado e promovemos redes de colaboración para o desenvolvemento de proxectos conxuntos, axudando así ás empresas para manterse actualizadas, sostibles e cunha vantaxe competitiva no seu sector.

Emprendemento

Ofrecemos un programa de asesoramento integral para emprendedores dos sectores pesqueiro, acuícola e de transformación de produtos pesqueiros. Esta liña de servizo abarca desde a elaboración de plans de negocio ata a capacitación en habilidades técnicas, cumprimento de normativas, e estratexias de márketing e comercialización, orientando aquen desexe iniciar ou revitalizar negocios nestas industrias, incluíndo a aqueles que buscan continuar unha empresa familiar.

Axudas FEMPA

Apoiamos as empresas na solicitude, xestión e execución de axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para a Acuicultura (FEMPA), orientadas a potenciar o seu desenvolvemento no sector pesqueiro e acuícola. Os servizos inclúen asesoría para obter subvencións e fondos de cofinanciamento, asistencia en proxectos de sustentabilidade e eficiencia ambiental, modernización tecnolóxica, e diversificación de produtos para alcanzar novos mercados e xerar valor agregado.

gl_ESGL_ES
×
Estamos disponibles en WhatsApp, escríbenos.
×