O CIMA de Ribadeo produciu o pasado ano preto de 908.000 unidades de ourizo e ameixa, que foron distribuídas ás confrarías de pescadores

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, puxo en valor este martes, no marco da actividade parlamentaria, a colaboración da Consellería do Mar co sector marisqueiro, a través das sementes que se facilitan ás Confrarías de Pescadores, as axudas para a rexeneración dos bancos ou o apoio constante no seu funcionamento ordinario. Así, en 2024, nas instalacións do CIMA de Ribadeo producíronse 11.000 unidades de ourizo, 22.800 unidades de ameixa fina, 180.000 unidades de babosa e case 700.000 unidades de xaponesa, que foron distribuídas á Asociación de Recolectores Submarinos da Mariña (ARESMAR) e ás Confrarías de Camariñas, Ribadeo, Corcubión, Lira, Cariño, Cangas e O Barqueiro. Un traballo que, segundo detallou Villaverde, compleméntase cunha plataforma de preengorde situada no Vicedo, onde se trasladan as sementes resultantes das accións de investigación -cun tamaño medio de 5 milímetros-, e que son acondicionadas baixo o coidado do persoal do centro de Ribadeo ata alcanzar un tamaño óptimo -10 mm-, momento no que son cedidas @gratuitamente aos depósitos.

Consellería do Mar

El CIMA de Ribadeo produjo el pasado año cerca de 908.000 unidades

gl_ESGL_ES