Villares defende a coordinación de Galicia e Europa no control da actividade pesqueira para garantir unha PPC efectiva e o cumprimento da normativa común

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, defende que Galicia e Europa continúen sumando esforzos conxugando medios materiais e humanos na consecución en materia de control e inspección da actividade pesqueira, co fin de garantir a aplicación efectiva e uniforme da Política Pesqueira Común (PPC) e o respecto á cultura do cumprimento normativo común. Así o expuxo no vixésimo aniversario da Axencia Europea de Control de Pesca (EFCA), acto ao que o responsable autonómico acudiu acompañado da delegada territorial da Xunta de Vigo, Ana Ortiz.

Consellería do Mar

Villares defende a coordinación de Galicia e Europa

gl_ESGL_ES