O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o presidente da Asociación Empresarial Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), Ramón Collazo, asinaron este luns o convenio de colaboración para seguir dinamizando e recuperando o patrimonio marítimo e o fomento da carpintería de Ribeira. Deste xeito, a alianza que a Administración autonómica vén mantendo con este colectivo permite profundar na promoción das embarcacións de madeira e de todo este legado flotante como importante nicho de traballo para o futuro da carpintería, ademais de favorecer a súa participación en actividades de promoción como poden ser Expomar, a XIII Xornada de construción naval en madeira ou completar a segunda fase de construción dunha embarcación.
Consellería do Mar