A substitución xeracional é un dos principais retos aos que se enfrontan a maior parte das actividades económicas na actualidade. Por iso, a Consellería do Mar, en colaboración co sector, sitúao como un dos principais eixos no Decálogo Estratéxico presentado recentemente. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, así o expuxo en sede parlamentaria, engadindo que así se está proxectando e defendendo a nivel nacional e comunitario #ante a revisión da Política Pesqueira Común (PPC) para mellorar a súa gobernanza, eficacia e abordar os desafíos existentes e emerxentes que afectan o sector marítimo-pesqueiro galego e en aras de facelo atractivo para as xeracións máis novas.
Consellería do Mar