A Aixola arrinca a programación formativa do 2026, consolidándose como centro especializado en oficios do sector marítimo

O Centro de Formación A Aixola, dependente da Consellería do Mar e xestionado polo Centro Tecnolóxico do Medio Mariño (Cetmar), iniciou a súa programación formativa para este ano, consolidando os máis de 25 anos de experiencia no ensino especializado para o sector marítimo-pesqueiro de Galicia.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, interesouse polo proxecto académico que  combina capacitación técnica en áreas como redes de pesca, carpintería naval en madeira, electricidade, hidráulica e mecánica naval, xunto a competencias máis transversais relacionadas coa prevención de riscos laborais, a igualdade ou a sustentabilidade.

Inclúe 12 accións formativas técnicas, con 3.293 horas lectivas e 168 prazas, doce por curso. Unha programación que, como novidade, inclúe a recuperación da modalidade itinerario de procesos básicos de plásticos técnicos, inexistente desde o 2017, e o reforzo da formación en composites mediante técnicas de infusión e baleiro. Ao mesmo tempo, consolídase o programa piloto de xestión e rastrexabilidade de residuos, e refórzase o sistema de titorías para apoiar ao alumnado con 40 horas.

Fonte: Consellería do Mar

Nova | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES