O Centro de Formación da Aixola, dependente da Consellería do Mar e xestionado polo CETMAR, vén de iniciar un novo ciclo de cursos que se desenvolverán ata o mes de decembro, con arredor de sesenta persoas matriculadas en catro áreas do centro. Todos os cursos da Aixola impártense en instalacións cedidas pola Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra e están cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro e de Acuicultura (FEMPA), polo que son gratuítos para os participantes.
Unha das novidades máis importantes deste trimestre será a implicación do alumnado no programa FISH4ACP da FAO, un proxecto de cooperación internacional liderado polo CETMAR que busca mellorar a sustentabilidade da pesca e a acuicultura en África, Caribe e Pacífico. Colaborará nel o alumnado do curso en Laminado manual en poliéster para pezas de uso en acuicultura e en construción naval, que está a adquirir destrezas no uso de diferentes tipos de resinas; e o de Restauración de embarcacións menores, apoiando a construción do modelo de fibra e elaborando doutra embarcación en contrachapado mariño.
Fonte: Consellería do Mar
