A campaña do atún vermello arrinca o 1 de xaneiro sen incluír aínda o aumento de cota

No último cume da Iccat (Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico), as partes que integran esa organización rexional de pesca (ORP) aprobaron en Sevilla un incremento do 17% na cota de atún vermello para o ano que vén. E esa subida confirmouse en decembro pasado, cando os Vinte e sete pactaron as posibilidades de pesca para o 2026. Pero ocorre que o regulamento no que se recolle ese 17% a maiores «non despregou efectos xurídicos e, por tanto, non é aplicable ao tempo do inicio da pesqueira», expón a Secretaría Xeral de Pesca no borrador de resolución que sacou a consulta pública. Así é que, de momento, a cota que se distribuirá o 1 de xaneiro do 2026 será a cota inicial do 2025, que foi de 6.783,67 toneladas. Ademais, o eventual incremento da cota española que se acorde xestionarase «nos termos que se introduzan na normativa de aplicación, e en todo caso unha vez o citado regulamento entre en vigor».

É dicir, que non será ata que se publique a normativa comunitaria coas posibilidades de pesca de todas as especies do Atlántico cando se saiba se, cumprindo a súa promesa, reservará algunha cota para cubrir as capturas accidentais da flota de litoral no Cantábrico Noroeste.

Fonte: La Voz de Galicia

A campaña do atún vermello arrinca o 1 de xaneiro sen incluír aínda o aumento de cota

gl_ESGL_ES