A Xunta aborda co sector na comisión do mexillón o inicio dos traballos para elaborar o novo decreto de acuicultura mariña


A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presentou o 9 de abril na Comisión do Mexillón o inicio dos traballos para elaborar o futuro decreto de Acuicultura Mariña de Galicia, unha normativa coa que consolidar o desenvolvemento e a ordenación dun sector estratéxico para a nosa comunidade.

A responsable autonómica, acompañada polo director xeneral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, detallou os obxectivos fundamentais que persegue este novo texto legal. En primeiro lugar, procura unha actualización que permita mellorar o desenvolvemento estratéxico e a ordenación dun xeito máis áxil. En segundo lugar, aposta pola modernización da xestión para garantir a competitividade e a sustentabilidade dos diferentes segmentos de produción da acuicultura mariña. Para rematar, o decreto regularía o avance na transmisión de datos co fin de facilitar esa tarefa aos usuarios.

Villaverde subliñou que a redacción do decreto será un proceso aberto e participativo no que o sector tamén debe xogar un papel relevante, aproveitando a súa experiencia e as achegas que poidan achegar.

Fonte: Consellería do Mar

La Xunta aborda con el sector en la comisión del mejillón el inicio de los trabajos para elaborar el nuevo decreto de acuicultura marina – Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES