A costeira do bonito deixou nesta campaña en Burela un volume de negocio similar ao do exercicio pasado, aínda que lixeiramente superior. A lonxa de Armadores de Burela (Absa) contabilizou unha facturación de 5.897.000 euros, o que supón un 1% máis que en 2024. Ese montante deriva da comercialización de 1.527.000 quilos poxados, cantidade que representa preto dun 23% máis que o ano pasado. Os números sitúan a esta costeira como a mellor desde 2015, tanto en quilos vendidos na lonxa burelense como en volume de negocio. En ambos os casos está por encima de todas as costeiras intermedias, desde 2016 a 2024.
A primeira poxa de bonito da tempada foi moi temperá, xa que se produciu o pasado 20 de maio, mentres que a última rexistrouse o 21 de outubro. Por tanto, foi unha costeira longa, unha característica que adoita saldarse cun balance positivo para a xestora da lonxa burelense. Neste caso resultou boa para o porto, a frota e tamén os comercializadores, a entender de Absa.
Fonte: El Progreso
A costeira do bonito foi a mellor da última década na lonxa de Burela
