A pesca xoga un papel estratéxico na sociedade actual porque realiza varias funcións crave: achega a proteína animal máis saudable e máis respectuosa co medio ambiente, xera riqueza e emprego en zonas afastadas dos grandes centros industriais, crea e mantén unha cadea de valor que está interrelacionada con múltiples sectores en toda a economía… A sociedade non é consciente de que é o único sector español (ou un dos poucos) no que somos líderes na UE, cunha especial importancia económica, social e cultural.
La Voz de Galicia