A rexionalización da xestión pesqueira e o level playing field, principais retos de Galicia nas institucións europeas

A rexionalización e a descentralización da xestión pesqueira co fin de garantir a participación das administracións das rexións altamente dependentes da pesca no proceso de toma de decisións e o level playing field, entendido como a protección do mercado interior europeo como elemento esencial para reforzar unha seguridade e soberanía alimentaria, que sitúa a proteína azul no centro, serán os principais eixos de actuación polos que pelexará Galicia nas institucións europeas. Así o trasladou o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, na inauguración da 20ª Feira Expomar, que estes días desenvólvese en Burela, e no que se abordarán temas como a sustentabilidade das distintas pesqueiras e a importancia do consumo de peixe para a saúde.

Consellería do Mar

A rexionalización da xestión pesqueira e o level playing field

gl_ESGL_ES