A Xunta aborda con Conxemar os retos da industria transformadora dos produtos do mar e o impulso á súa feira anual

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, abordou co presidente de Conxemar, Eloy García, e a directora xeral desta asociación, Yobana Bermúdez, os desafíos da industria transformadora dos produtos do mar e o impulso á súa feira anual. No encontro, ao que tamén asistiron o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e a conselleira do Mar, Marta Villaverde, avaliáronse as colaboracións entre a Administración autonómica e a entidade en campos como a promoción do consumo de produtos do mar conxelados, especialmente entre os máis novos a través da iniciativa Conxemar Lab; o impulso da cadea de valor do sector pesqueiro; e a promoción internacional desta industria.

Fonte: Industrias pesqueras

Industrias pesqueras – Revista Marítima

gl_ESGL_ES