A Xunta apoia a campaña ‘Saborear o cerco con peixe de Acerga’ para promover o consumo de máis de 50 especies da frota de cerco galega

A Organización de Produtores de Pesca de Cerco de Galicia (OPP-82 Acerga) presentou na lonxa de Sada, co apoio da Consellería do Mar, a campaña Saborear o cerco con peixe de Acerga, destinada a poñer en valor a diversidade dos produtos capturados pola frota de cerco, que traballa con máis de 50 especies. A iniciativa busca achegar aos consumidores tanto as especies habituais (sardiña, xurelo, cabala) como outras menos coñecidas pero con grandes calidades nutricionais e gastronómicas, como a boga, a agulla, o sargo ou a chopa.
A campaña destaca o valor nutricional destas especies (ricas en proteínas de alta calidade e omega-3) e a súa versatilidade culinaria, e pretende fomentar o consumo interno de produto fresco e de proximidade. A conselleira subliñou que a colaboración entre produtores e Administración “pode xerar valor engadido para todo o sector”.

Fonte: Consellería do Mar (Xunta de Galicia)
Noticia | Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES