A Xunta apoia a Conxemar na presentación da súa memoria de actividades 2025/2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, asistiu o 25 de marzo en Madrid ao acto de presentación da Memoria de Actividades 2025/2026 da Asociación Española de Almacenistas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura (Conxemar).

A presenza do director xeneral neste encontro referenda o apoio da Xunta de Galicia a un sector estratéxico e fundamental para a nosa economía. Durante a xornada, púxose en valor o liderado internacional da industria galega do conxelado e do transformado, así como a súa constante aposta pola calidade, a innovación e a competitividade.

O representante autonómico reafirmou o compromiso do Goberno galego de seguir traballando man a man co conxunto da cadea mar-industria para afrontar os retos de futuro, impulsar a internacionalización dos nosos produtos e defender o seu valor nos mercados globais.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES