A Xunta apoia a participación de máis de medio cento de empresas na Feira Alimentaria de Barcelona

A Consellería do Mar participa na feira Alimentaria Barcelona 2026 cun posto que dá cobertura a 29 empresas coexpositoras do sector mar-industria. O obxectivo deste espazo é poñer en valor a calidade, sustentabilidade e diversidade dos produtos marítimo-pesqueiros galegos ante os profesionais internacionais.

Neste sentido, o posto autonómico deseñouse cun marcado enfoque profesional, albergando un centro de negocios e unha intensa axenda comercial destinada a facilitar os encontros entre as empresas galegas e os compradores internacionais. Alén desta vertente de negocio, a caseta invita os visitantes a mergullarse na nosa costa a través da iniciativa GALICIA SABE AMAR 360º, unha proposta integral que suma experiencias inmersivas, degustacións e showcookings en directo para demostrar a versatilidade e o extraordinario sabor dos peixes e mariscos de Galicia.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES