A Xunta apoia a pesca artesanal en Sanxenxo a través da iniciativa Pescaturismo Playa de Sanxenxo

Un proxecto que permite aos visitantes embarcarse con profesionais do mar para coñecer de preto o seu traballo, as artes de pesca tradicionais e o patrimonio mariñeiro galego. A actividade combina turismo, divulgación e gastronomía, contribuíndo á valorización dos produtos pesqueiros e da cultura marítima.
A través das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), a Consellería do Mar destinou máis de 17.000 euros a esta iniciativa, financiando a súa posta en marcha e a súa mellora. As últimas actuacións inclúen a instalación de placas solares, medidas de reciclaxe e melloras na seguridade e confort da embarcación, reforzando a sustentabilidade do proxecto e contribuíndo ao mantemento do emprego no sector.

Fonte: Consellería do Mar (Xunta de Galicia)
Noticia | Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES