A Xunta aproba varios plans de xestión para especies como a nécora, o camarón, a centola e o boi así como unha veda para o choco nas rías de Vigo e Pontevedra

A Consellería do Mar, no marco do modelo de cogobernanza que preside a xestión pesqueira en Galicia, vén de aprobar en consenso co sector varios plans de xestión e a veda para o choco nas rías de Vigo e Pontevedra. Deste xeito, queda prohibida a pesca desta especie desde o 21 de xullo ata o 31 de outubro como solicitaba o propio sector e que está avalada por informes técnicos que constatan que a partir de xuño a captura de xuvenís crecemento nun 80% respecto aos meses anteriores. Esta medida de conservación, afecta tanto a profesionais como de recreo, ten como obxectivo garantir a explotación responsable e sostible deste recurso pesqueiro.

Consellería do Mar

A Xunta aproba varios plans de xestión

gl_ESGL_ES