A Xunta de Galicia investirá 1,4 millóns de euros para mellorar as condicións de traballo dos mariñeiros do porto de Combarro, en Poio

A Xunta de Galicia investirá 1,4 millóns de  euros na mellora das condicións de traballo dos mariñeiros do porto de Combarro, no municipio pontevedrés de Poio. Así o comunicou a conselleira do Mar, Marta Villaverde, nunha visita ao peirao, na que estivo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, entidade promotora da actuación, José Antonio Álvarez.

A conselleira lembrou que o Consello da Xunta informou o pasado día 22 do inicio da licitación pública das obras de acondicionamento dos departamentos para usuarios do porto de Combarro, cun orzamento base de 1,4 millóns de euros, IVE incluído. Os documentos e pregos do concurso están dispoñibles para os interesados na plataforma de Contratos de Galicia, no perfil do contratante, e na páxina web oficial de Portos de Galicia, www.portosdegalicia.gal.

Fonte: Consellería do Mar

Nova | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES