A Xunta de Galicia investirá 140.000 euros na mellora das condicións de traballo dos mariñeiros do porto de Esteiro, no municipio coruñés de Muros. Así o comunicou a conselleira do Mar, Marta Villaverde, nunha visita ao peirao, na que estivo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, entidade promotora da actuación, José Antonio Álvarez.
A conselleira lembrou que o Consello da Xunta informou o pasado día 15 do inicio da licitación pública das obras de ampliación da rampla do porto de Esteiro, cun orzamento base de 140.000 euros, IVE incluído. Os documentos e pregos do concurso están dispoñibles para os interesados na plataforma de Contratos de Galicia, no perfil do contratante, e na páxina web oficial de Portos de Galicia, www.portosdegalicia.gal.
Fonte: Consellería do Mar