A Xunta e a Fundación Nova Pescanova impulsan a sustentabilidade do sector marítimo-pesqueiro

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o presidente da Fundación Nova Pescanova, José María Benavent, asinaron este xoves o convenio de colaboración para a organización do III Foro Galicia de Sustentabilidade Global de Produtos do Mar, e que contribúe á promoción e preservación dos recursos mariños, xerando valor económico e social desde a sustentabilidade. Precisamente, o encontro estará dirixido á medición da sustentabilidade desde diferentes ópticas: a visión da cadea de valor do sector, das institucións, do sector financeiro, desde as Ong e mesmo desde o ámbito da investigación.

Consellería do Mar

A Xunta e a Fundación Nova Pescanova impulsan a sustentabilidade

gl_ESGL_ES