Hoxe concluíu a formación en comercio internacional no marco do programa Competemar que promoven a Agrupación industrial Alimentaria de Galicia co apoio da Consellería do Mar. No acto estivo a secretaria xeral Técnica do departamento autonómico, Marta Barreiro, que destacou o papel da internacionalización das empresas da cadea mar-industria como instrumento para profundar na competitividade dun sector estratéxico para a economía galega.
Consellería do Mar
A Xunta e Clusaga colaboran no reforzo da internacionalización da cadea mar-industria