A Xunta e Conxemar renovan a súa alianza para reforzar a promoción e comercialización dos produtos conxelados da pesca

A conselleira do mar, Marta Villaverde, e o presidente da Asociación Española de Almacenistas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura (Conxemar), Eloy García, asinaron o 25 de maio un convenio de colaboración institucional que ten por obxecto establecer as bases para a promoción e a mellora da comercialización dos produtos conxelados da pesca durante o ano 2026.

A responsable autonómica subliñou que este acordo, ao que a Consellería e Conxemar destinan os seus respectivos 230.000 euros, renova a alianza e estreita colaboración da Xunta con esta entidade que reflicte o compromiso do Goberno galego co crecemento do sector, reforzando a posición da comunidade como un referente tecnolóxico e gastronómico global.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES