A Xunta e Fundamar poñen en marcha o programa Dálle Mar ao teu Futuro para achegar as profesións do mar ao alumnado escolar

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinou hoxe co presidente da Fundación para a Pesca e o Marisqueo (Fundamar), Francisco Javier Touza, o convenio de colaboración que permitirá poñer en marcha o programa Dale Mar ao teu Futuro, co que profesionais da pesca artesanal e de litoral achegarán directamente ao alumnado, nas aulas, as oportunidades laborais e os itinerarios formativos vinculados ao sector.

O acordo, cun orzamento de 47.988 euros, achegados pola Consellería do Mar, permitirá desenvolver ata 2027 distintas accións dirixidas ao alumnado de 3º e 4º da ESO e aos departamentos de orientación dos centros educativos. Fundamar asumirá a dirección técnica e pedagóxica das actuacións. O financiamento está cofinanciado nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa) e nun 30 % con fondos propios da Xunta.

Fonte: Consellería do Mar
Noticia | Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES