A Xunta esíxelle a Bruxelas a revisión inmediata do veto ao palangre

A Consellería do Mar presentou ante a Comisión Europea o informe ISPAMER que acredita o grave impacto do veto comunitario ao palangre de fondo (pedra-bola) sobre o sector pesqueiro galego. O estudo identifica 87 áreas de pesca afectadas e cuantifica as perdas para os portos de Burela e Celeiro nunha caída do 31 % nas descargas de pescada e un descenso do 39 % na facturación, con efectos que se estenden a toda a cadea de valor mar-industria no norte de Galicia.
A Xunta esixe a revisión inmediata do veto, argumentando que as restricións actuais carecen de base científica suficiente para xustificar un impacto socioeconómico desta magnitude. A conselleira Villaverde instou a Bruxelas a diferenciar entre artes que afectan realmente ao ecosistema mariño profundo e aquelas —como o palangre pedra-bola— cuxo impacto sobre os fondos foi significativamente sobreestimado nos modelos da Comisión.

Fonte: Consellería do Mar
Noticia | Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES