A Xunta facilita a remuda xeracional no sector pesqueiro con desenvolvemento de 79 accións formativas

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, realizou o 16 de abril unha visita ao curso de mariñeiro-pescador que se está desenvolvendo na confraría de O Porto do Son, unha iniciativa enmarcada no programa de axudas á formación impulsado pola Consellería do Mar co obxectivo de reforzar a capacitación profesional no sector pesqueiro.

Durante a súa visita, Villaverde puxo en valor a importancia deste tipo de accións formativas para garantir a remuda xeracional e mellorar a cualificación dos profesionais do mar, contribuíndo así á sustentabilidade e competitividade do sector. Neste sentido, destacou o compromiso da Xunta co impulso da formación marítimo-pesqueira como ferramenta clave para afrontar os retos actuais. Proba diso é que, nos orzamentos deste ano, a Consellería que dirixe destina 12,4 millóns de euros á capacitación de novos profesionais do mar e ao avance da súa empregabilidade.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES