A Xunta fomenta o consumo do produto de proximidade mediante a súa inclusión nos criterios de adxudicación nos procesos de contratación pública da Administración autonómica. Así o explicou a secretaria xeral Técnica da Consellería do Mar, Marta Barreiro, no marco da súa comparecencia na Comisión 8 do Parlamento, na que manifestou o compromiso do Goberno galego na adopción de medidas para profundar na aposta polos produtos con circuíto curto de distribución, o que permite reforzar a imprescindible soberanía alimentaria.
Consellería do Mar