A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Ángeles V. Suárez, reuniuse en Santiago con representantes de cinco empresas compradoras do Reino Unido e China no marco da misión comercial inversa de Competemar 2026, desenvolvida en convenio entre a Consellería do Mar e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga). O programa facilita aos compradores internacionais o contacto directo con doce empresas galegas do sector e ofrécelles unha visión de primeira man de toda a cadea de valor: desde o cultivo de mexillón en batea ata a transformación e a conservación.
A visita culminou en Bueu, cun percorrido pola lonxa e as instalacións de Frigoríficos Rosa de los Vientos e unha degustación de produtos do mar galegos. A iniciativa enmárcase na estratexia de internacionalización do sector pesqueiro-conserveiro galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Noticia | Xunta de Galicia
