A Xunta impulsa a renovación das comisións do Consello galego de Pesca para actualizar a representación do sector

A Xunta iniciou o 6 de maio a renovación dos órganos de traballo do Consello Galego de Pesca. O director xeneral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, presidiu na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) varias reunións coas asociacións do sector para proceder á designación dos novos representantes das súas comisións sectoriais.

O obxectivo é dar cumprimento á normativa que establece a renovación do mandato dos membros cada catro anos. Deste xeito, a Xunta pon en marcha as comisións de traballo cunha representatividade completamente actualizada, un paso dirixido a dinamizar e enriquecer as achegas e o labor do Consello.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES